Caldeirada de xarda
Ingredients
- 150 g xarda
- 150 g pataca
- 40 g chícharos
- 40 g pemento vermello
- 40 g cebola
- 2 dentes (10g) allo
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- loureiro
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar e cortar o peixe en medios filetes dependendo do tamaño. Nunha cazola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 5 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de salsa de allo por enriba.
Notes
Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular.
Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes). Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.