Print

Caldo pobre

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 140 g Grelo
  • 40 g Faba fresca
  • 80 g Pataca
  • 3 g Sal
  • 15 g Touciño

Instructions

  • Póñense a cocer as fabas co touciño como única graxa. Cando xa estean case cocidas, bótanselle as patacas cortadas moi miúdas e cando estean tenras, agrégaselles a verdura, que se pode cortar fina ou grosa segundo o gusto, e sálgase. Debe cocer a lume lento, para que as patacas estean case desfeitas.

Notes

Este é un dos pratos máis tradicionais da cociña galega. Constituía o sustento principal da alimentación da Galicia rural. Caracterízase por non levar carnes, a iso debe o nome de pobre e ao feito de que se consumía nas casas máis humildes. Tomábase en moitas ocasións no almorzo, na comida e na cea e ao se facer en grandes cantidades duraba varios días. Consumíase en cuncas e era o principal alimento quente do día.