Print

Caldo vexetal

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g feixóns verdes
  • 70 g cabaciño
  • 75 g pataca
  • 60 g cenoira
  • 50 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • pementa
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar en anacos pequenos, porro, cenoria, feixóns verdes, cabaciño pelado e patacas, estas últimas deben de ir "rotas" non cortadas para que solten o amidón. Nunha cazola con aceite de oliva, fritir os allos, a continuación agregar os vexetais e refogar ben. Cubrir con auga e deixar a lume lento uns 40 minutos. Unha vez terminada a cocción, poñer a punto de sal e pementa. Despois, triturar cunha batidora e pasar por un coador.

Notes

Vantaxes:
A combinación de porro, allo, feixóns verdes, cenoria e pataca aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.