Print

Canas de crema

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 2 g Aceite de oliva
  • 7.5 g Azucre
  • 2 g Fariña de millo
  • 17 g Fariña de trigo
  • 12 g Ovo
  • 6 g Leite
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 1 g Vainilla

Instructions

  • Amasamos unha mestura de fariña, sal, aceite e leite e deixamos repousar unhas 2 h aproximadamente. Tras este tempo estiramos a masa axudándonos cun rolo para deixala o máis lisa e fina posible. No momento de fritir as canas utilizaremos como soporte das tiras de masa un molde tubular e normalmente metálico, deste modo conseguiremos formar as canas. Enchemos as canas de crema pasteleira, unha vez retirado o molde e temperadas. Para facer a crema necesitaremos ferver nunha cazola unha mestura de leite, a casca dun limón e unha rama de vainilla. Á parte, nun recipiente bateremos a maicena, o leite, o azucre e os ovos batidos previamente por separado. Vertemos o contido do recipiente na cazola, tras retirar antes a casca de limón e a vainilla, e revolvemos ata alcanzar unha masa espesa. Unha vez arrefriada a masa enchemos as canas, que se serviremos, opcionalmente, con azucre e canela por enriba.

Notes

Son famosas as da zona de Verín e Carballiño, na provincia de Ourense. Tamén o son a variante das canas ao forno de Mondoñedo, na provincia de Lugo. As canas consumíanse como sobremesa e estaban reservadas para os días nos que se celebraba un banquete de festa. Teñen a súa orixe na Idade Media e consumíanse en toda a península Ibérica. Mesmo a receita aparece nun libro de receitas portugués do século XVI.