Print

Cardo refogado con xamón

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g cardo
  • 20 g xamón en taquiños
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o cardo de fíos e terra, e cortar ao ancho. Introducir en auga con limón e fariña (unha cullerada). Cocer ata que estea tenro e escorrer. Separadamente, refogar en aceite o allo picado e o xamón cortado en taquiños e engadir a hortaliza. Remover e servir quente.

Notes

Vantaxes:
A composición nutricional do cardo é similar á da alcachofa. Presenta un modesto contido en hidratos de carbono, dos cales a maior parte é inulina, un tipo de fibra soluble; e o seu aporte en proteínas e lípidos é pouco significativo. En relación aos minerais, o cardo contén maior cantidade de calcio e ferro que outras verduras. O cardo presenta propiedades coleréticas, hepatoprotectoras e diuréticas, entre outras, debido ao seu contido en cinarina e inulina, substancias que tamén se atopan na alcachofa.