Print

Carne ao caldeiro

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 170 g Faldra de tenreira
  • 5 g Manteiga
  • 120 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal

Instructions

  • Cortar a carne en anacos e poñer a cocer cun anaco de manteiga. Cando a carne estea branda retírase a auga e cócese a pataca en anacos grandes. Servir a carne coa pataca cocida e condimentar con aceite de oliva virxe extra, sal e pemento (mestura doce e picante).

Notes

Este prato moi popular en Galicia é habitual en feiras e, ao igual que o famoso "polbo á feira", cocíñase en grandes recipientes metálicos nestas romarías. É unha sinxela receita que pode levar diversos acompañamentos como patacas cocidas. A carne vai aliñada con aceite de oliva e pemento. A carne pode ser de vaca ou tenreira. Se é de tenreira contén menos graxas e calorías e, ademais, é máis dixerible aínda que non tan saborosa nin nutritiva, xa que contén máis auga. A carne de vacún é rica en proteínas e ferro hemo que é de doada absorción e axuda a combater a anemia.