Print

Carpaccio de tomate e mozzarella

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1 (100 g) tomate
  • 50 g mozzarella
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ourego
  • sal ao gusto

Instructions

  • Lavar e cortar o tomate na máquina do friame en rebandas finas. Facer o mesmo co queixo. Empratar o tomate no fondo e queixo enriba. Condimentar no último momento co aceite, sal e ourego.

Notes

Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen ás células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.
Inconvenientes:
Este prato contén un elevado aporte lipídico, debido á cantidade de queixo empregada.