Print

Castañas en leite

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 100 g Castaña
  • 100 g Leite

Instructions

  • Eliminamos a casca das castañas e botámolas nunha cazola con auga uns minutos. Retiramos as castañas e quitámoslles a pel. Poñémolas a cocer, xa peladas, nunha cazola e botámoslles fiúncho e sal. Cando estean a medio facer, apartámolas do lume, para engadirlles leite quente. Volvemos deixar ao lume ata que estean completamente feitas. Para presentalas podémoslles engadir chocolate, azucre ou canela.

Notes

Este era un prato principal no inverno, sobre todo nas zonas montañosas do interior de Galicia. Era moi común que en todas as casas das aldeas houbese algunha vaca para que abastecese toda a familia de leite e acompañábase de castañas cocidas, secas ou frescas. As castañas conteñen unha importante cantidade de hidratos de carbono, os cales se absorben lentamente polo organismo, o que facía que se eliminase a sensación de fame durante un longo período de tempo, ademais de proporcionar enerxía.