Print

Cazola de hortalizas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g salsa tomate
  • 50 g feixón verde
  • 50 g pataca
  • 50 g cabaciño
  • 50 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g cebola
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Lavar os feixóns, cortarlles as puntas e partir en 2 anacos; pelar e laminar o allo; pelar e cortar a cenoria en rebandas; pelar e cortar a pataca en dados; lavar e cortar o cabaciño en rebandas e o pemento en tiras; pelar o tomate e cortar en anacos; lavar a cebolleta e cortar en 4 anacos. Nunha cacerola con aceite, dourar a cebolleta e, cando tomen cor, engadir as demais verduras; verter o caldo de verduras, salpementar e deixar cocer a lume suave entre 20 e 30 minutos, removendo de cando en vez para que non se pegue.

Notes

Vantaxes:
A combinación de cebola, feixón verde, cabaciño, cenoria, pataca e pemento vertmello aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.