Print

Cazón ó allo

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g cazón
  • 1 (100g) pataca
  • 20 mL viño branco
  • 2 dentes (10g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha tixola quentar o aceite e poñer o allo. Engadir o peixe cortado en dados grandes (3x3) e refogar con coidado de que non rompa. Poñer pementón doce, viño branco, perexil e retirar. Acompañar de pataca cocida ó vapor ou de ensalada.

Notes

Vantaxes:
O cazón pertence á familia dos tiburóns. Os escualos son peixes semigraxos, cun contido elevado de proteínas de alto valor biolóxico. Presenta unha boa textura e sabor, e é de fácil dixestión, sendo adecuado para persoas con estómago delicado. Destaca o seu contido en vitaminas liposolubles, A e E.
Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mastigando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando unha exaugadura bucal con auga morna e zume de limón.