Centola
Servings 1 persona
Ingredients
- 200 g Centola
- 1 g Loureiro
- 0.5 g Sal
Instructions
- Para preparar a centola, introducímola nunha cazola con auga e sal ou, se é posible, en auga de mar e engadimos unhas follas de loureiro. Se o exemplar é fresco, introducímolo na cazola con auga fría para a cocción. Se é conxelado ou está morto cócese botándoo na cazola unha vez que rompe a ferver a auga.
Notes
Este crustáceo presenta un contido alto en graxas, mono e poliinsaturadas, que son beneficiosas para reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, reducindo o risco de produción de trombos e coágulos. Contén proteínas e vitaminas do grupo B, entre as que destaca pola súa proporción a B9 ou ácido fólico polo que é un produto moi recomendable para mulleres xestantes pola prevención da espiña bífida no feto, e tamén contén vitamina B3. Entre os minerais destacan, especialmente, o cinc e o iodo, este último esencial para o correcto funcionamento da glándula tiroide.