Print

Champiñóns ao allo

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g champiñóns
  • 15 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • caiena
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar os champiñóns quitándolles a terra e deixándoos en auga con algo de limón exprimido. Nunha tixola ou cacerola quentar o aceite e engadir o allo fileteado e a caiena. Cando estea dourado o allo engadir o xamón e despois os champiñóns cortados en catro. Deixar cocinar a lume forte e cubrir ó final con perexil.

Notes

Vantaxes:
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.