Chícharos con bacon
Ingredients
- 150 g chícharos
- 30 g bacon
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer os chícharos en abundante auga fervendo e sal. Unha vez cocidos enfrialo rápidamente para que manteñan a cor verde intenso. Picar os allos e a cebola en brunoisse (picado fino) e rustrir nunha tixola co aceite de oliva a lume suave. Cando a cebola e o allo estean dourados engadir o bacon en tiras e refogar ata que este quede cruxente. A continuación agregar os chícharos e dar un fervor a todo o conxunto, ata que estes adquiran o brillo do refogado de bacon.
Notes
Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.