Print

Chícharos con sepia

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g chícharos
  • 100 mL caldo peixe
  • 50 g sepia
  • 50 g cebola
  • 60 g tomate
  • 30 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar a sepia e cortar en tiras. Rustrir a verdura nunha cazola con aceite quente e agregar as tiras de sepia. Deixar cocinar a mestura a lume suave na cazola tapada durante 1 hora. Cando a sepia comece a estar branda engadir os chícharos e cocinar o conxunto durante 15 minutos máis. No momento de servir, cubrir o preparado con perexil picado e deixar repousar 5 minutos fora do lume.

Notes

Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.