Chícharos guisados
Ingredients
- 125 g chícharos
- 100 mL caldo verduras
- 75 g pataca
- 40 g cenoria
- 10 mL viño branco
- 10 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- loureiro
- sal ao gusto
Instructions
- Pelar e torcear en cadrados as patacas e as cenorias. Separadamente cocer os chícharos. Nunha cazola quentar o aceite, dourar a cebola e engadir os chícharos e a cenoria e refogar. Para rematar engadir o viño, o dente de allo, o loureiro e o caldo de verduras. Cocer a lume lento.
Notes
Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.