Print

Chulas

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 1 g Azucre
  • 13 g Fariña
  • 10 g Ovo
  • 7 g Leite

Instructions

  • Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vaise incorporando a fariña, sen deixar de bater, ata conseguir unha masa semilíquida. Vanse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite ben quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa; esparexemos, por riba, cun pouco de azucre.

Notes

Esta é unha sobremesa típica e tradicional de Galicia. É un prato con moitas calorías e sérvese quente polo que é ideal como sobremesa de inverno. Tamén hai outra versión das chulas na que estas bólas de masa se facían coa finalidade de aproveitar a comida sobrante. Adoitábanse encher de moi diversos ingredientes, podían ser salgadas recheas de carne, peixe e verdura.