Print

Churrasco de porco

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 160 g Costela de porco
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 10 g Viño branco

Instructions

  • Adobamos a carne con allos moi picadiños, viño branco, aceite, vinagre e perexil. Deixámola polo menos 1 h para que se impregne ben do adobo. Engadímoslle o sal e asamos nunha grella ou, no seu defecto, no forno.

Notes

É un prato moi estendido en diversas zonas de Galicia pero de recente introdución por emigrantes de Iberoamérica, a partir do ano 1950. En América do Sur as primeiras rexións de cría de gando foron Brasil, Arxentina e Uruguai, e crese que foi alí onde se empezou a cociñar pola súa facilidade de preparación. Coñecíase co nome de asado. As persoas emigrantes galegas retornadas introduciron esta forma de preparación.