Print

Cinta de lombo de porco con salsa de cirolas pasas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo porco
  • 60 g cebola
  • 50 g arroz
  • 50 mL viño branco
  • 20 g cirolas pasas
  • 10 g porro
  • 10 g cenoria
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • noz moscada
  • loureiro
  • pementa
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a metade da cebola en dados grandes, xunto co porro e a cenoria, dispoñelos nunha placa de forno, incorporar o lombo (previamente marcado á prancha por ambas caras). Fornear 45 min a 160ºC aproximadamente. Regar con viño branco varias veces. Unha vez asado coar o mollo resultante da cocción. Deixar enfriar un pouco para porder cortar en rebandas finas. Cortar o resto da cebola en dados pequenos pochar no aceite xunto co allo picado e deixar que doure, ligar con fariña e mollar co caldo da cocción.Terminar coas cirolas previamente remolladas en cogñac. Se a salsa está un pouco espesa, engádese nata líquida ou leite. Sérvese nunha fonte a carne coa salsa e acompañado de arroz en branco.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.