Print

Coca de verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 20 mL leite desnatado
  • 80 g fariña
  • 20 mL auga
  • 3 g fermento químico
  • 5 g manteiga
  • 20 g cebola
  • 50 g cabaciño
  • 100 g espinacas
  • 30 g pemento vermello
  • 20 g salsa tomate
  • 30 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Facer unha masa clásica cos primeiros 6 ingredientes procurando que non quede dura porque é difícil de estirar nin demasiado branda porque se rompería. Deixar fermentar 30-45 min. dependendo da temperatura. Cortar as verduras en dados non moi pequenos e refogar en aceite e finalizar coa salsa de tomate. Ferver as espinacas e reservar. Estirar a masa cun pouco de fariña para que non se pegue. Untar unha placa de forno con aceite e colocar a masa, pinchar cun tenedor e dar un golpe de forno a 180ºC. Sacala e pintar con aceite. Dispoñer as espinacas e o preparado de verduras enriba e acabar de fornear.

Notes

Vantaxes:
O ingrediente principal deste plato son as espinacas.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.