Print

Cocido de entroido

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 50 g Agulla de tenreira
  • 70 g Cabeza de porco
  • 50 g Chourizo
  • 50 g Galiña
  • 20 g Garavanzo
  • 40 g Xamón
  • 80 g Lacón
  • 100 g Pataca
  • 30 g Rabo de porco
  • 115 g Repolo
  • 15 g Touciño

Instructions

  • Para que as carnes non resulten tan salgadas, introdúcense en auga o día antes, así perden parte do sal. Comezamos introducindo, nunha pota alta, o lacón, o xamón, a cabeza de porco, a tenreira, a galiña e os chourizos. Á media hora, retiramos os chourizos e un pouco de auga para cocer, á parte, os garavanzos. Tamén, coceremos, á parte, o repolo e as patacas. Cando todo estea ben cocido, devolvo á pota os chourizos (así quentaranse antes de ser servidos). Serviremos as carnes nunha mesma fonte e o resto noutra (ou se se prefire os garavanzos e o chourizo nun terceira fonte).

Notes

Este prato preside a mesa en Galicia nos fríos días de inverno na época do Entroido onde o porco é o principal protagonista. O Entroido celébrase especialmente nas localidades ourensás de Laza, Verín e Xinzo de Limia. O cocido é un alimento moi completo desde o punto de vista nutricional xa que contén todos os ingredientes necesarios para unha dieta axeitada. Contén proteínas (nas carnes), hidratos de carbono (nas patacas e nos garavanzos) e minerais (fósforo, ferro, cal, potasio, sodio e magnesio).