Cóctel de peixe
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 25 g Cebola
- 32 g Ovo
- 80 g Pescada
- 5 g Perexil
- 25 g Pemento vermello
- 25 g Pemento verde
- 80 g Peixe sapo
- 10 g Vinagre
Instructions
- Metemos nunha cazola con auga e sal a pescada e o peixe sapo e deixámolos cocer. Unha vez cocidos, escorrémolos e desmiuzámolos en anaquiños. Por outro lado, cocemos os ovos e unha vez cocidos deixámolos arrefriar. Picamos a cebola, os allos, os pementos, o perexil e o ovo cocido, engadimos ao peixe e botámoslle o sal, o vinagre e o aceite.
Notes
Este prato, cuxa orixe non está moi clara, converteuse nun típico do Nadal nos últimos anos. Pode elaborarse con peixe ou marisco. É un prato axeitado para incluír en dietas de adelgazamento debido as poucas calorías e graxa que ten. É un alimento que proporciona proteínas e é rico en minerais esenciais para o bo funcionamento do organismo, como o magnesio, sodio, potasio, e fósforo.