Coello á sidra
Ingredients
- 150 g coello
- 40 g chícharos
- 20 g cebola
- 80 mL sidra
- 1 (100g) pataca
- 1 cullerada (15mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- perexil picado
- pementa
Instructions
- Talar o coello e sazonar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. Á parte, nunha pota, rustrir en aceite a cebola picada. Deixar pasar. Engadir o coello e mollar coa sidra. Completar con auga ata cubrir e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e fritir o exterior. A continuación deixalas cocer co coello. Os chícharos engádense ó final xa cocidos.
Notes
Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina). Inconvenientes: