Print

Coello ao forno con uvas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g coello
  • 50 g arroz
  • 20 g uvas
  • 50 mL caldo carne
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Colocar o coello despezado nunha bandexa de forno cunha base de aceite de oliva. Engadir un pouco de caldo de carne por enriba e fornear durante 10 minutos a 200ºC. Poñer unha cazola a lume suave coa cebola bastante picada. Cando a cebola comece a dourarse, engadir o caldo de carne. Remover a mestura suavemente. Manter esta salsa durante tres minutos a lume forte e deixar que se reduza ata un terzo do seu volume. Coar a salsa para retirar a cebola. Nesta salsa, confitar as uvas e reservalas para acompañar ao coello cando estea cocinado. Sérvese quente.

Notes

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.