Coello ao viño branco
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 155 g Coello
- 100 g Pataca
- 0.5 g Perexil
- 0.5 g Romeu
- 0.5 g Sal
- 22 g Viño branco
Instructions
- Adobar os anacos de coello cun adobo elaborado tras machucar o allo, o sal e o perexil. Deixalo repousar media mañá para que se impregne ben o sabor. Seguidamente, dourar o coello e, cando estea listo, engadir viño e reducilo sen baixar o lume. Finalmente, engadir ao conxunto un pouco de caldo e cocer a lume lento. Engadir máis caldo se fose necesario ata que a carne estea feita.
Notes
O coello é unha carne magra que se caracteriza pola súa excelente contribución de proteínas de alta calidade e a súa moderada cantidade de graxa. O suave sabor da súa carne admite todo tipo de acompañamento, neste caso é a pataca que é rica en hidratos de carbono complexos. A carne de coello é de doada dixestión e baixa en sodio, o que a fai axeitada para persoas hipertensas e, en xeral, para todos os grupos de poboación, tanto para a poboación infantil como para as embarazadas.