Coello ao viño tinto con puré de pataca
Ingredients
- 150 g coello
- 100 g puré pataca
- 100 mL caldo carne
- 60 mL viño tinto
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementón doce
- pementa
- ourego
- romero
- tomiño
- sal ao gusto
Instructions
- Para o adubo: Machacar nun mortero, o allo picado, o tomiño, o romeo, o ourego e incorporar o viño. Engadir o adubo ao coello e deixar macerar unhas dúas horas. A continuación, dourar o coello nunha pota, engadir a cebola, refogar ben, cubrir de caldo ata a súa cocción. Acompañar de puré de pataca.
Notes
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.