Coello asado
Servings 1 persona
Ingredients
- 2 g Allo
- 120 g Cebola
- 0.5 g Cravo
- 160 g Coello
- 0.5 g Loureiro
- 10 g Manteiga
- 100 g Pataca
- 1 g Perexil
- 0.5 g Pementa negra
- 0.5 g Sal
- 40 g Viño branco
Instructions
- Picamos ben a cebola, o allo, o perexil e adobamos o coello, xa cortado. Engadimos ao adobo vinagre e aceite. O coello deberá estar catro días no adobo e, despois, ao terceiro día, engadímoslle o sal. Nunha tixola con aceite a lume forte botamos o coello, unha folla de loureiro, un chorro de aceite e unha boa cantidade de viño branco. Despois, introducimos no forno nun recipiente cunha base de cebola picada e aceite. Asamos durante 1 h a temperatura media.
Notes
A carne de coello é un alimento con baixo contido en graxa, ao redor dun 5%, e mesmo algunhas pezas, como a perna e o lombo, poden ter entre un 2% e un 3%. É ideal para as dietas hipocalóricas que están dirixidas á perda ou mantemento de peso e, ademais, é un alimento cunha alta densidade nutricional xa que ten proteínas de alto valor biolóxico, cunha boa relación enerxía/proteína. A carne de coello, baixa en graxa, ten un perfil de ácidos graxos maioritariamente insaturados, cun contido de colesterol baixo.