Coello asado con fabas pintas
Ingredients
- 150 g coello
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 75 mL viño branco
- 60 g fabas pintas
- 40 g cebola
- 25 g cenoria
- 25 g porro
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Remollar as fabas 12h antes da cocción. Poñelas en auga fría e cocelas lentamente con media cebola, cenoria e porro. Cando estean tenras retirar e reservar. Trocear o coello. Salpementar e fritir ata dourar. Colocar nunha bandexa de forno coas hortalizas e asar a 180ºC. Regar con viño branco. Engadir o caldo de carne para obter a salsa ao final despois de retirar o coello. Servir as fabas de gornición co coello encima e salseado.
Notes
Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina). Inconvenientes: