Print

Coello en pepitoria

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 50 mL viño branco
  • 25 g cebola
  • 25 g ovo cocido
  • 10 g améndoas
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 5 g fariña
  • colorante alimentario
  • pementa
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instructions

  • Trocear o coello. Salpementar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. A parte, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, deixando pochar sen que tome cor. Engadimos o coello e mollamos con viño branco e deixar reducir, para a continuación engadir o caldo de carne ata que cubra e deixamos cocer ata que estea tenro. Poñer o loureiro. As patacas cortámolas en dados grandes e dámoslles un frito exterior e logo deixámolas cocer co coello uns minutos. Coas améndoas torradas e a xema de ovo cocido faise un mallado que se engade á salsa. Dar un pouco de cor amarela lixeira co colorante.

Notes

Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).