Coello en salsa de améndoas
Ingredients
- 150 g coello
- 1 (100g) pataca
- 1 vaso (200mL) caldo carne
- 80 mL viño branco
- 50 mL brandy
- 25 g cebola
- 20 g améndoa
- 1 dente (5g) allo
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- perexil
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o coello en anacos, salpementar e fritir para dourar, reservar. Nunha cacerola refogar en aceite a cebola e o allo. Engadirlle o coello e flambear con brandy. Engadir o viño branco deixando reducir o alcol uns instantes. Cubrir con caldo. Deixar cocer suavemente ata que estea tenro, á metade de cocción engadirlle as améndoas torradas e maceradas en mortero. Adicionar as patacas en dados previamente fritidas.
Notes
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.