Coliflor ao alloarriero
Ingredients
- 150 g coliflor
- 50 g bacallau
- 50 g ovo cocido
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- caiena
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a coliflor en auga fervendo e cando estea ao dente reservar. Nunha cazola á parte refogar o allo e a caiena en aceite, engadir o pementón e as migas desalgadas. Mesturar coa coliflor e servir. Acompañar de ovo cocido.
Notes
Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro.