Congro con fideos
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 0.5 g Azafrán
- 50 g Cebola
- 100 g Congro
- 45 g Fideo
- 40 g Chícharo
- 0.5 g Pemento doce
- 30 g Pemento verde
- 0.5 g Sal
- 30 g Tomate pelado
Instructions
- Fervemos 15 min nunha cazola, preferiblemente de barro, a mestura torada de cebola e pemento verde, engadimos a esta mestura o aceite, o azafrán, o pemento, os chícharos e un vaso de auga. Pasado ese tempo, botamos os fideos á mestura. Un cuarto de hora despois engadimos os toros de congro e os tomates previamente preparados. Tras 10 min, o prato estará listo para servir.
Notes
A carne de congro considérase de excelente calidade e moi firme. O congro é un peixe azul, semigraxo, ten 3 g de graxa por cada 100 g de porción comestible. Ao ser un peixe azul contén ácidos graxos omega 3 que se consideran como esenciais en calquera dieta equilibrada para persoas con colesterol alto porque proporcionan beneficios moi importantes para previr enfermidades cardiovasculares. Destaca o seu contido en vitamina A, fundamental para os tecidos corporais. Tamén é relevante o seu contido en vitamina B2 que é fundamental para a produción de enerxía no organismo e para manter unha boa visión.