Costelas guisadas
Ingredients
- 150 g costela de porco
- 100 g puré pataca
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 25 g cenoria
- 25 g cebola
- 25 mL caldo carne
- 20 g salsa tomate
- 20 g chícharos
- 1 dente (4g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementa
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a carne en anacos non moi grandes (ósos de 5 cm de longo max). Salpementar. Dourar nunha pota cun pouco de aceite. Engadirlle as verduras troceadas e a salsa de tomate. Cubrir con caldo de carne e deixar cocer ata que este tenra a costela. Acompañar de chícharos cocidos engadidos ao final na salsa e un puré de pataca.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.