Print

Crema de acelgas con taquiños de xamón

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 100 g acelgas
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 50 g porro
  • 50 g pataca
  • 20 g taquiños xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar no aceite de oliva o branco do porro e a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir a acelga limpa cortada. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Acompañar duns taquiños de xamón en dados lixeiramente torrados.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.