Crema de alcachofas con xamón
Ingredients
- 1/2 vaso (120 mL) auga
- 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
- 100 g alcachofas
- 50 g porro
- 20 g pataca
- 15 g xamón serrano
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Refogar no aceite de oliva o branco de porro, engadir posteriormente a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir as alcachofas. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Refogar o xamón en dados lixeiramente na tixola e mesturar coa crema. Dar punto de sal.
Notes
Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.