Print

Crema de cenoria

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 1 (36 g) cenoria
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar en aceite, a lume baixo, o porro, a cenoria e a pataca cortados en dados, durante 4 min. A continuación engadir o leite e a auga e cocer lentamente durante 20-30 min. Pasar por túrmix e coador chino. Poñer a punto de sal.

Notes

Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. Pero o gran atractivo das cenorias débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A, pigmento natural que o organismo transforma en vitamina A segundo o necesita. Isto, xunto coa seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes. Ademais a cenoria presenta propiedades beneficiosas para a visión, o bo estado da pel, dos dentes e das enxiras.