Crema de champiñóns
Ingredients
- 100 g champiñóns
- 1/2 vaso (100 mL) auga
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 75 g pataca
- 35 g porro
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- ceboliño
- sal ao gusto
Instructions
- Refogar en aceite o porro e a pataca en láminas sen que tome cor. Engadir o leite e a auga deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por chinés. Dar punto de sal e cubrir coa ceboliña.
Notes
Vantaxes:
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (ácido linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.