Print

Crema Dubarry (de coliflor, pataca e porro)

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 70 g coliflor
  • 50 g pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar suavemente no aceite de oliva o porro cortado en dados sen que tome cor. Incorporar a pataca en láminas e a continuación engadir o leite e a auga. Incorporar a coliflor, cocer lentamente durante 20-30min. Pasar por túrmix e coador chinés. Poñer a punto de sal. Decorar con ceboliño.

Notes

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas, xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro.