Dourada ao forno
Ingredients
- 150 g dourada
- 100 g pataca
- 50 mL viño branco
- 30 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g pemento verde
- 1 cullerada (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- perexil picado
Instructions
- Limpar e sazonar o peixe. Nunha bandexa de forno colocar as verduras picadas. Picar tamén a pataca e colocala na bandexa. A continuación, engadir a dourada. Regar con viño branco e introducir ó forno a 180ºC ata que estea feita.
Notes
Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo. Por outra parte o principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.