Dourada ao Ribeiro
Ingredients
- 150 g dourada
- 1 (100g) pataca
- 60 mL caldo peixe
- 60 mL viño branco
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar a dourada e filetear. Se sazona con sal e marca lixeiramente na prancha. Facer a salsa de ribeiro: refogar a fariña no aceite sen que se queime e engadir o caldo de peixe quente e o ribeiro fervido (para que lle marche o alcol). Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira pero máis escura. Cocer pataca en rebandas á parte e colocar a dourada sobre a pataca e cubrir coa salsa. Cubrir con perexil.
Notes
Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo. Por outra parte o principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.