Dourada ás costas
Ingredients
- 150 g dourada
- 1 (100g) pataca
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (10mL) vinagre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- caiena
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar e filetear a dourada. Marcar na prancha e poñer en placa de forno. Separadamente, fritir o allo fileteado coa caiena no aceite de oliva e cando estea frito verter sobre o peixe e engadirlle o vinagre, cubrir con perexil e meter ao forno 8 min. Servir sobre patacas cocidas en rebandas.
Notes
Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo. Por outra parte o principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.