Print

Dourada en salsa mariñeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g dourada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • colorante alimentario

Instructions

  • Preparar unha salsa mariñeira: refogar en aceite o allo e a cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe, lixeiramente coloreado, engadir a salsa de tomate e perexil picado deixando cocer uns minutos. Separadamente, marcar o lombo limpo de dourada na prancha e colocar nunha fonte de forno, cóbrese coa salsa e fornear 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas e chícharos cocidos á parte tamén.

Notes

Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo.