Empanada de bacallau
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 50 g Bacallau fresco
- 30 g Cebola
- 55 g Fariña
- 15 g Ovo
- 7 g Fermento
- 25 g Pemento vermello
Instructions
- Douramos nunha tixola con aceite o bacallau esmiuzado, a cebola e o pemento cortados en xuliana. Reservamos o aceite para utilizar na elaboración da masa. Para facer a masa botamos nunha cunca grande sen asas a fariña, facemos un oco no centro ao que lle engadiremos a auga morna, o sal, o fermento e o aceite reservado do recheo. Amasamos ben todo ata que se despegue das mans. Deixamos repousar un anaco para que colla volume e volvemos amasar. Metemos o recheo na masa e enfornamos 30 min a 180 ºC.
Notes
Esta sinxela empanada era habitual nos días de Coresma e tamén en Semana Santa en Galicia. O valor de calorías desta empanada é elevado polo que a deben consumir con moderación as persoas que seguen dietas de adelgazamento. O bacallau destaca pola súa alta cantidade de proteínas e é rico en calcio, polo que é un alimento óptimo para o crecemento que fortalece os ósos e prevén a osteoporose. Tamén é rico en fósforo que é necesario para o bo funcionamento do cerebro. Tamén posúe potasio que facilita a eliminación de líquidos e beneficia as persoas hipertensas, ademais de iodo que é necesario para o bo funcionamento da glándula tiroide. De maneira adicional, proporciona vitaminas do grupo B e liposolubles.