Facer unha masa clásica cos primeiros 7 ingredientes procurando que non quede nin dura, por que é difícil de estirar, nin demasiado branda porque rompería. Deixar fermentar 30-45 min. dependendo da temperatura. Coa cebola e pemento nunha tixola con aceite faise unha farsa refogando lentamente ata que a cebola estea branda. Se condimenta con sal, pementón e un pouco de tomate. Finalmente mestúrase co bonito. Estirar a masa con rodiño sobre placa de forno untada con aceite. Reencher coa farsa e tapar con outra metade de masa. Pechar os bordos. Pintar con ovo batido e meter ao forno 45 minutos a 175ºC. Cortar porcións de 10x10cm.