Empanada de mazá
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Azucre
- 1 g Canela
- 30 g Fariña
- 2 g Fermento
- 2 g Manteiga
- 25 g Mazá
- 5 g Pasas de Corinto
Instructions
- A masa estará formada por fariña, manteiga, fermento e auga morna. Amasamos e deixamos repousar. Estirámola coa axuda dun rolo. Esparexemos con azucre e, sobre a base, colocamos os anacos de mazá previamente pelados. Poñemos as pasas e a manteiga ben repartidas pola superficie. Volvemos estender con azucre e canela. Tapamos a empanada coa outra capa de masa e enfornamos durante 1 h aproximadamente.
Notes
Esta empanada doce consúmese como sobremesa ou merenda. É unha especialidade tradicional galega. O seu ingrediente principal é a mazá que xa era, na antigüidade, unha das froitas máis comúns en Galicia. O emprego de froita como ingrediente principal para a elaboración de doces en Galicia xa é coñecido na Idade Media; no entanto, esta empanada de mazá é unha receita moito máis actual. A mazá ten un gran poder antioxidante debido ao seu contido en vitamina E e en substancias fotoquímicas presentes na pel. É rica en fibra e pode ter no organismo unha dobre función, laxante ou adstrinxente, segundo se consuma con pel ou sen ela. Tamén favorece a eliminación de líquidos polo seu contido en potasio.