Empanada de zamburiñas
Servings 1 persona
Ingredients
- 30 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 2 g Azafrán
- 40 g Cebola
- 90 g Fariña
- 5 g Fermento
- 2 g Pemento doce
- 40 g Pemento vermello
- 1 g Sal
- 50 g Tomate
- 90 g Zamburiña
Instructions
- Douramos o pemento cortado en anacos, a cebola e o allo picados e unha vez dourados engadimos o azafrán, o xamón, as zamburiñas e o tomate. Para facer a masa botamos nun recipiente a fariña e engadimos, nun oco que faremos na fariña, auga morna cun chisco de sal, o aceite do rustrido de antes e o fermento desfeito. Deixamos repousar 1 h e repetimos o amasado. Metemos o recheo dentro da masa e introducímola no forno a 180 ºC ou a 200 ºC de maneira que a calor enforne a empanada pola parte superior e inferior. O tempo no forno será de 35 a 45 min.
Notes
A zamburiña é un marisco cuxa zona principal de extracción son as Rías Baixas galegas. Cultívanse en bateas, sobre todo na ría de Arousa. A tempada da zamburiña é o outono. Caracterízanse polo seu intenso sabor a mar. É un marisco cun baixo contido en calorías e en graxas. Ten unha importante cantidade de vitamina A que xoga un papel importantísimo para manter unha boa visión e. Ademais, é un antioxidante. Tamén conteñen vitamina B que intervén no crecemento, mantén o sistema inmunolóxico e a produción de enerxía.