Ensalada completa
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 30 g Oliva
- 15 g Atún
- 15 g Cebola
- 30 g Espárrago
- 55 g Leituga
- 40 g Millo
- 70 g Tomate
- 3 g Vinagre
Instructions
- Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos, nunha fonte, e regamos con aceite e vinagre ao gusto.
Notes
A ensalada completa permítenos incorporar unha gran variedade de verduras e hortalizas que cobren as necesidades diarias de vitaminas e minerais. A leituga ten un baixo contido calorífico que favorece a dixestión e, en xeral, é beneficiosa para todo o aparato dixestivo. Ademais contén calcio, magnesio, fósforo, potasio, sodio e ferro. O atún posúe grandes cantidades de ácidos graxos omega 3, bos para o corazón, ademais contén proteínas e poucas calorías e graxas. Os espárragos e o millo proporcionan fibra á ensalada. O tomate é un bo antioxidante polo seu contido en licopeno. Tamén é rico en cobre e en potasio. A cebola, polo seu contido en compostos de xofre, ten poder bactericida.