Ensalada de arroz á vinagreta
Ingredients
- 60 g arroz
- 20 g ovo cocido
- 20 g xamón cocido
- 20 g millo
- 20 g chícharos
- 10 g cebola
- 10 g pemento verde
- 15 g pemento vermello
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- vinagre
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer o arroz en auga abundante con sal durante 20 minutos, e deixar enfriar. Cocer os chícharos. Separadamente, cortar en dados o resto dos ingredientes, excepto o millo. Mesturar as verduras e o ovo e engadir a vinagreta. Xuntar co arroz e mesturar. Pódese servir morna ou fría.
Notes
Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.