Print

Ensalada de camaróns agróns, tomate e aguacate

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 90 g Agrón
  • 35 g Camarón
  • 10 g Limón
  • 50 g Tomate

Instructions

  • Poñemos auga a ferver e cando chegue ao punto de ebulición metemos e sacamos rapidamente os camaróns e cubrimos con sal gordo e deixámolos así durante un par de horas, así acadarán o punto de sal adecuado. Pelamos os tomates e eliminámoslles as pebidas, picamos a polpa, en dados do tamaño do garavanzo, e aliñámolos con aceite e sal. Lavamos os agróns e seleccionamos as follas e colocámolas, nun prato, en forma de leito. Preparamos, á parte, unha vinagreta lixeira con aceite e zume de limón rebaixado con auga para facelo máis suave, un pouco de pementa negra. Batemos a mestura ata conseguir que emulsione. Sobre o leito de agróns, colocaremos unha capa de tomate mesturado previamente con aguacate e sobre isto, os camaróns. Regamos coa vinagreta e sérvese.

Notes

Tanto os camaróns como os agróns e o tomate presentan un baixo contido en calorías, a excepción do aguacate cuxo nivel de graxas e calorías é máis elevado. Estas graxas son monoinsaturadas e considéranse saudables. Os camaróns conteñen ácidos graxos omega 3 que se consideran cardiosaudables. Os agróns polo seu contido en fibra teñen un alto poder de saciedade. O tomate, pola súa parte, é unha boa fonte de vitamina C e ten un gran poder antioxidante debido ao seu contido en betacarotenos. O aguacate tamén ten un bo contido en fibra polo que é beneficioso para reducir o colesterol.