Print

Ensalada de fabas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 50 g fabas
  • 45 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 30 g tomate
  • 30 g ovo cocido
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Remollar as fabas en auga o día anterior. Cocer as fabas nun caldo de verduras. Cocer separadamente o ovo. Mentres, picar en anacos moi pequenos as verduras e o ovo e colocalos nun bol. Engadir as fabas unha vez lavadas e escorridas no grifo con auga fría. Cubrir co vinagre e aceite e salar ao gusto.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, mais os seus componentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade que a de orixen animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estreñemento, disminuir o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue gracias ó seu elevado contido en fibra soluble.