Ensalada de lentellas
Ingredients
- 80 g lentellas
- 30 g ovo
- 10 g pemento vermello
- 10 g pemento verde
- 10 g tomate cherry
- 10 g cebola
- 5 mL vinagre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as lentellas e refrescar. Xa en frio mesturar co resto de ingredientes picados excepto o tomate cherry, que se engade cortado á metade ou enteiro. Aliñar ao gusto.
Notes
Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro. Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.